O Auditorio de Nigrán acolle un ciclo de cine infantil

O Auditorio de Nigrán acolle un ciclo de cine infantil o mércores 28 e xoves 29 de decembro dende as 17:00 horas. Proxectaranse as premiadas longametraxes “Coco” e “A viaxe de Chihiro”, en colaboración co Cine Club Alice Guy.

COCO

Premiadísima película de animación de Pixar. Miguel é un mozo co soño de converterse en lenda da música a pesar da prohibición da súa familia. O seu ídolo é Ernesto de la Cruz, o músico e cantante máis famoso de México. A paixón de Miguel levaralle a penetrarse na “Terra dos Mortos”, onde coñecerá o seu verdadeiro legado familiar.

A VIAXE DE CHIHIRO

Premiadísima longametraxe xaponesa de animación do director Hayao Miyazaki. Unha explosión de fantasía que nos narra a historia de Chihiro, unha nena que sen querer entrou nun mundo habitado por deuses antigos e seres máxicos, dominado pola diabólica Yubaba, unha arpía feiticeira. Afortunadamente Chihiro atópase co enigmático Haku que lle axudará a sobrevivir nesta estraña e marabillosa terra.