Nigrán celebra un ano máis a carreira San Silvestre Solidaria

O Concello de Nigrán celebrará un ano máis a carreira San Silvestre Solidaria o sábado 31 de decembro para despedir 2022. A proba deportiva, non competitiva, consta de 4,5 km e será con saída ás 17:00 horas desde o inicio do Paseo de Panxón para chegar ao final de Lourido e regresar. Finalizará cunha chocolatada. Os interesados en participar non precisan inscribirse, tan só achegar ese mesmo día 1 kg de alimentos non perecedoiros para o Banco de Alimentos Municipal.

“A aposta deste goberno polo deporte é total e absoluta e cremos que a mellor maneira de despedir o ano é precisamente facendo deporte, facéndoo en comunidade e divertíndonos”, indica Juan González, alcalde de Nigrán e quen iniciou no 2015 a celebración desta proba que forma parte ineludible xa do calendario deportivo nigranés.