O Auditorio V Centenario acolle o primeiro festival de corais baionesas

Por primeira vez, a programación cultural de Nadal do Concello de Baiona, o coñecido “BaiNadal”, organiza a actuación conxunta de todas as corais da Vila. Será este venres 23 de decembro ás 19:00 horas no Auditorio Municipal V Centenario. Poderase desfrutar das actuacións da Coral Polifónica “Baiona A Real”, A Cela de Baredo e a Coral San Lourenzo de Belesar.