25 mulleres participaron en Baiona nun curso de defensa persoal

25 mulleres participaron o pasado sábado en Baiona nun curso de defensa persoal para previr situacións de violencia de xénero. A concelleira de Igualdade, Yasmina Moreira Costas, visitou no Pavillón de Deportes ás mulleres participantes no curso de formación en técnicas de defensa persoal. A actividade foi solicitada polo Concello de Baiona, a través da Concellería de Igualdade á Secretaría Xeral de Igualdade, a través das actividades que oferta aos concellos integrantes da rede de entidades locais contra a violencia de xénero. No curso incidiuse na importancia da prevención para evitar riscos, dotando ás participantes das competencias necesarias para aplicar técnicas de defensa persoal e para ampliar os seus coñecementos de autoprotección.