Breixo Álvarez imponse no XXVI Torneo de Xadrez Laroca

Breixo Álvarez impúxose na categoría absoluta no XXVI Torneo de Xadrez Laroca celebrado nas instalacións do CEIP Mallón o domingo 18 de decembro. Torneo interno, máis invitados, que o club Laroca organiza para despedir o ano e tomar un pequeno ágape unha vez rematado. Torneo que se disputaron en tres categorías, Iniciación, na que se impuxo Lois Platero Iglesias, categoría Promesa, na que se impuxo con pleno de vitorias Lucas Pérez Da Costa, e categoría Absoluta, na que se impuxo Breixo Álvarez Domínguez. Con este torneo o club de xadrez Laroca dá por rematada a tempada 2022. Agradecen á dirección do CEIP Mallón e ao Concello de Nigrán pola súa colaboración co club.