Nigrán ofrece un baile de Nadal con música en directo

O Concello de Nigrán ofrece este mércores 21 de decembro un baile de Nadal para todos os públicos de 18:00 a 21:00 horas no Auditorio Municipal e coa música en directo do Trío Xtra. Ademais, durante o evento servirase chocolate con churros. A entrada é de balde ata completarse o aforo. O obxectivo do Concello, como cada ano, é que os asistentes gocen dunha tarde de Nadal agradable bailando e socializando.