Solaina celebra o Nadal cun contacontos moi especial na fábrica de cervexa Trisk-Ale

Con novos proxectos en marcha para o ano 2023 o grupo de fusión de arte Solaina, nomeada como a revolución artística do Val Miñor en Radio Vigo pola súa galopante traxectoria na comarca, pecha este ano cun contacontos moi especial na recoñecida fábrica de cervexa Trisk-Ale/Banda.

Cun completo aforo en todas as súas presentacións, Solaina celebrará unha xornada máxica de Nadal para os máis peques da casa nun escenario pouco usual, a fábrica de cervexa artesá Trisk-Ale/Banda de Porto do Molle. Os actos celebraranse en sesión vermú este domingo 18 de decembro ás 12:00 do mediodía co contacontos do seu libro “Dedas”, mentres os pais poderán gozar dun merecido descanso no tap room.

Solaina é a unión dos nomes da escritora e poeta Soledad García, a pintora Laine Villero e a deseñadora gráfica Natalia Guisande.