Baiona celebra o XXIII o Cros Escolar do Val Miñor

Este domingo, 18 de decembro, a contorna do antigo campo de fútbol de Santa Marta será o escenario da XXIII edición do Cros Escolar do Val Miñor, con máis de 400 inscritos repartidos nas categorías desde chupete até xuvenil. Aquelas persoas que aínda non formalizasen a inscrición aínda están a tempo de realizar a mesma no Pavillón de Deportes Municipal, chamando ao teléfono 986 356 558 ou no e-mail deportes@baiona.gal.

Esta proba acollerá as categorías cadete masculino/feminino (nacidos nos anos 2009-08), que sairán ás 10:45 e 11:00 correlativamente. Os atletas infantís masculino/feminino (2010/11) correrán ás 11:15 e 11:25. A de alevín masculino/feminino (2012/13) comezará ás 11:35 e 11:45. Os participantes benxamín masculino/feminino (2014/15) terán saída ás 11:55 e 12:05. A categoría de prebenxamín masculino-feminino (2016/17) iniciarán a proba ás 12:10 e 12:20. Por último, os atletas de Cros máis pequenos serán os chupetes masculinos/feminino (nados 2018/19) que comezarán a correr ás 12:30 e 12:40.