
A Asociación Deportiva, Cultural e Benéfica Eixotolo de Camos organiza o domingo 9 de febreiro unha excursión a Xinzo de Limia para ver aos “oleiros”, que tratan de pasarse uns a outros polo aire vasillas de barro sen que rompan. A saída será ás 9:00 da mañá desde Porto do Molle cunha pequena parada no camiño. A viaxe inclúe comida no restaurante “Rancho Grande” con entrantes variados, prato principal a escoller, bebidas, sobremesa e café. O prezo é de 30 euros incluíndo viaxe e comida. A saída desde Xinzo de Limia será ás 19:30 horas con chegada prevista a Nigrán ás 21:30 horas. Os interesados poden anotarse no teléfono 648 023 014 (tamén se pode a través do WhatsApp).