Vincios celebra a festividade de Santa Lucía

A parroquia gondomareña de Vincios celebra a festividade de Santa Lucía. O luns 12 de decembro ás 19.00 horas celebrarase unha misa polos defuntos das Comisións de Festas de Santa Lucía. O martes día 13 haberá misas cada hora entre as 7:00 e as 11:00 da mañá e entre as 17:00 e as 20:00 horas pola tarde. Ás 12:00 do mediodía celebrarase a Misa Solemne seguida de procesión acompañada pola charanga VaK Pinta.