Modepen convoca unha nova concentración na Ramallosa

Modepen (Movemento Galego en Defensa das Pensións Públicas) convoca a súa concentración mensual na Alameda da Ramallosa este luns, 12 de decembro, ás 12:00 do mediodía, en troques do primeiro luns do mes por motivos de calendario. Continúan a demandar que se manteña o sistema público de pensións dignas así como uns servizos públicos de calidade.