Baiona convoca subvencións para actividades culturais de asociacións e entidades

O Concello de Baiona, a través da Concellería de Cultura, convoca unha liña de subvencións destinadas a centros, entidades ou asociacións do municipio sen fins de lucro, para as actividades culturais que se desenvolveron durante o ano 2022.

“Estas axudas económicas teñen a finalidade de sufragar parte dos gastos ocasionados pola realización de proxectos ou actividades culturais, relacionadas co achegamento á comunidade das artes plásticas, literatura, teatro, música, divulgación das ciencias e demais manifestacións culturais e artísticas, que contribúan ao fomento dos intereses xerais da veciñanza do municipio e, en especial, á promoción ou recuperación da cultura e tradicións locais”, sinala o Alcalde, Carlos Gómez Prado.

As solicitudes deberán presentarse unicamente pola Sede Electrónica do Concello de Baiona (https://baiona.sedelectronica.gal/info.0) ata o 20 de decembro de 2022. Toda a documentación e anexos necesarios atópanse no taboleiro de anuncios da web municipal. As solicitudes formalizaranse nos modelos normalizados dispoñibles na páxina web do Concello de Baiona http://www.baiona.gal.

Máis información na Concellería de Cultura do Concello de Baiona: cultura@baiona.gal ou no teléfono 986385921.