Teresa Chamorro Álvarez, veciña de Panxón, presenta o seu primeiro libro na Biblioteca de Nigrán

Teresa Chamorro Álvarez, veciña de Panxón, presenta este venres 9 de decembro o seu primeiro libro “El día que fui juzgada”, na Biblioteca Pública de Nigrán ás 20:00 horas. Teresa Chamorro Álvarez é Diplomada en Enfermería e especialista en Enfermería Comunitaria, actualmente traballa no Hospital Álvaro Cunqueiro. A súa paixón pola lectura e a escritura vénlle de moi nova, cando escribía pequenos relatos, aínda que nunca compartiu esa afección, ata que comezou a redactar contos para seus fillos, contos nos que eles eran os protagonistas das historias.

O confinamento durante a pandemia animouna a escribir esta a súa primeira novela, “El día que fui juzgada”, ambientada en Panxón, Nigrán e o Val Miñor. “Hay preguntas, rostros y mascarillas, en un mundo que ha dado la vuelta, las caras transformadas en fantasmas desconocidos tras una tela que oculta la mitad más importante de la expresión corporal. Cuando la niebla mental se va disipando, descubre que está tumbada en una cama de hospital con dos policías en la puerta. Hay un asesino suelto y ella es la principal sospechosa. ¿Qué está pasando?… ¿qué día es hoy? Hoy es… el día que fue juzgada.