Donas celebra a festividade da súa patroa Santa Baia

A parroquia gondomareña de Donas celebra este sábado 10 de decembro a festividade da súa patroa, Santa Baia. Ás 11:00 da mañá a charanga Vai de Baile ofrecerá un pasarrúas e un concerto na Igrexa de Donas. Ás 12:00 do mediodía comezará a Misa Solemne cantada pola Coral Polifónica Santa Eulalia de Donas. Ás 12:30 horas actuará a Rondalla do Centro Cultural “A Merced” de Chaín, e pola noite, a partir das 21:00 horas, a charanga Vai de Baile.