As Rondallas de Chaín e Parada actúan en Vilas

A Comisión de Festas María Auxiliadora de Vilas ofrece este sábado 10 de decembro a actuación das Rondallas de Chaín e Parada no Torreiro de Vilas. O evento, que comezará ás 16:00 horas, conta coa colaboración do Concello de Gondomar, a Entidade Local Menor de Morgadáns e o Concello de Nigrán.