Concerto de Corais Solidario de Nadal en Nigrán

Despois de dous anos sen realizarse por mor da pandemia o Concello de Nigrán ofrece este xoves 8 de decembro ás 19:00 horas no Auditorio Municipal o tradicional “Concerto de Corais Solidario de Nadal” coa presenza das tres corais do municipio: Os Vagalumes da AVCD “O Castro” de Chandebrito, a Coral Novos Aires de Nigrán e o Coro Ecos do Castelo de Bolos da Carrasca.

A entrada é gratuíta e para acceder ao festival tan só hai que levar produtos de Nadal (polvoróns, turróns, bombóns, latas de conservas, etc), todos eses produtos especiais que solemos ter nestas datas nas nosas casas e que irán ao Banco de Alimentos Municipal para repartir entre as familias que o precisen.