Nigrán Decide chama a iniciar un proceso aberto de elaboración programática

Nigrán Decide convoca unha asemblea aberta na que invita a toda a veciñanza a participar nun proceso aberto de elaboración programática, de cara á conformación dunha candidatura unitaria e veciñal para as eleccións municipais. A asemblea terá lugar o xoves 8 de decembro ás 11:30 no local da Asociación de Veciños “A Unión” da San Pedro da Ramallosa situada na Rúa Manuel Lemos Nº 88, no lugar de Mallón.

Nomeadamente invita publicamente a participar aos membros, tanto de Podemos como independentes da alternativa SOMOS NIGRÁN e aos membros de Nigrán de Manifesto Miñor. Ademais, na asemblea dialogarase e debaterase, en pé de igualdade, de xeito transparente entre todos os asistentes na busca de consensos, sen ningún tipo de imposición por ningunha parte, sobre o nome, o funcionamento, a forma da conformación da candidatura que leve a cabo o programa, sen prexuízo de calquera outra cuestión que calquera asistente poida propoñer.