
Na mañá deste venres entregáronse os premios aos establecementos gañadores da VIII edición do certame gastronómico As Tapas do Conde, organizado polo Concello de Gondomar e a Asociación de Empresarios e Comerciantes do Val Miñor (OVALMI). Na categoría de Tapa Doce o gañador foi o Restaurante Terra, Cebada e Uva tanto no premio do xurado popular como no premio do xurado profesional. Na categoría de Tapa Salgada o xurado profesional outorgou o primeiro premio á tapa elaborada por Pazo da Escola, mentres o xurado popular valorou a mellor tapa a elaborada por Terra, Cebada e Uva. Foron ata 12 os establecementos que presentaron as súas creacións nesta edición e todos eles amosaron o bo facer dos profesionais da hostalería de Gondomar.