O BNG continúa a rolda de encontros veciñais polas parroquias de Gondomar

O BNG de Gondomar continúa coa rolda de encontros veciñais polas parroquias do concello nos que participará a súa portavoz municipal, Manuela Rodríguez, e nas que recollerán información sobre a carencia de servizos públicos como o saneamento, a auga, a recollida de lixo ou o transporte interparroquial. Así mesmo, veciñas e veciños poderán aportar datos sobre outras problemáticas menos coñecidas pero de igual importancia.

Para o BNG a participación veciñal é fundamental para afortalar o seu traballo social e político. As achegas da veciñanza serán trasladadas posteriormente en forma de accións reivindicativas e de iniciativas institucionais no Concello e nos parlamentos galego, estatal e europeo, e servirán tamén como base para a elaboración do programa electoral das municipais de maio de 2023.

Este é o calendario das vindeiras datas: