Nigrán ofrece unha andaina matinal guiada desde o Ceán a Priegue con bus de retorno

O Concello de Nigrán ofrece o martes 6 de decembro unha andaina matinal guiada polo Camiño de Santiago desde O Ceán a Priegue con autobús de regreso. A dificultade é baixa, cun tempo estimado de 1 hora e unha distancia de 3,4 qm. Os interesados en participar deben inscribirse previamente no mail oficinaturismo@nigran.org ata o domingo 4 de decembro achegando o seu nome e apelidos, data de nacemento e teléfono de contacto. A andaina partirá ás 10:30 horas desde o cruceiro de O Ceán (onde se teñen que presentar os participantes) e rematará no banco do peregrino en Priegue para, desde alí, regresar ao punto de orixe en autobús. A actividade é de balde.