Leroy Merlin inaugura a súa nova tenda en Nigrán

Leroy Merlin inaugurou este xoves a súa nova tenda en Nigrán coa presenza do director xeral da compañía, Alain Ryckeboer, o director da nova tenda, Ibán Rama e o alcalde da localidade, Juan Antonio González. Ademais, tamén asistiron o director rexional zona Noroeste de Leroy Merlin, José Ramón Abad, o director de Expansión, Juan Sevillano, e varios concelleiros e membros do consistorio.

Leroy Merlin COMPACT Nigrán, que representa o noveno punto de venda que a compañía ten en Galicia, supuxo un investimento de máis de 4 millóns de euros. Esta nova tenda consta dunha superficie comercial de 4 600 m2 e crea 90 postos de traballo directos e 20 indirectos, incluíndo servizo de limpeza, instaladores e seguridade. O establecemento está situado no Parque Comercial Nasas Nigrán (Parque Empresarial Porto do Molle) e ten un horario comercial de 9:00 a 22:00 horas de luns a sábados.

“Leroy Merlin volve demostrar a súa aposta por España coa apertura do seu punto de venda 132, e pola economía local. Continuamos realizando investimentos e creando emprego estable e de calidade, con 90 novos colaboradores en Nigrán”, destaca Alain Ryckeboer, director xeral de Leroy Merlin España. “Con esta nova apertura damos un paso máis para seguir achegando aos galegos a nosa ampla gama de produtos e servizos”, conclúe.

Pola súa banda, Ían Rama, director da tenda, resalta que “queremos axudar aos nosos clientes a crear contornas onde vivir mellor. Por iso, creamos unha tenda moi enfocada nas necesidades da zona, apostando polo acondicionamento de xardín e os proxectos, pero tamén no cliente PRO, cunha área dedicada especialmente a este segmento para converter Leroy Merlin COMPACT Nigrán no seu establecemento de referencia”.

Ao que engade: “queremos ser un exemplo pola calidade dos nosos produtos, pero tamén polo noso compromiso coas persoas. O feito de que o 3,3% do noso persoal teña algún tipo de discapacidade supón un factor crave que nos achega á realidade da sociedade e que nos fai sentir orgullosos de pertencer a unha compañía que pon no centro ás persoas e aposta pola igualdade de oportunidades”.

Desta maneira, Leroy Merlin segue consolidándose como líder do acondicionamento do fogar, reforzando a súa aposta polo servizo personalizado, e acompañando aos clientes a través dunha experiencia de compra adaptada ás súas necesidades.