Un mozo de Baiona sáltase un semáforo en vermello e case triplica a taxa de alcol permitida

Unha Patrulla da Policía Local de Vigo viu o pasado sábado ás 6:59 horas como un vehículo pasaba a fase semafórica en vermello incorporándose á intersección, na confluencia das rúas Gran Vía, con Luis Braile. Procederon a interceptar e dar o alto ao condutor do turismo, resultando ser G.A.B, de Baiona e 23 anos de idade.

Durante a entrevista persoal, os actuantes comprobaron que presentaba claros síntomas de atoparse baixo os efectos do consumo de bebidas alcohólicas. Por este motivo procederon a realizarlle as probas preceptivas de determinación do grao de impregnación alcohólica, lanzando estas un resultado positivo de 0,70 e 0,67 mg/l de alcol por aire expirado, o que excede o límite penal establecido.

Por este motivo instruíronse dilixencias para o efecto, para o seu traslado á autoridade xudicial competente.