
Este pasado domingo celebrouse en Vigo a edición 43º do Memorial Belarmino Alonso de cros. Ata alí desprazáronse as e os atletas máis pequenos da Sociedade Atlética Val Miñor, levando a cabo e, a pesar das condicións meteorolóxicas, unha gran actuación, chea de éxitos, como demostran estes resultados:
- Bisrat Mein – 2º (Sub 14 masc)
- Julián Martínez – 3º (Sub 12 masc)
- Belén Silva – 2ª (Sub 12 fem)
- Eloy Martínez – 1º (Sub 10 masc)
- Lena Riera – 1ª (Sub 10 fem)
- Ánxela Bastero – 2ª (Sub 10 fem)
Ademais destes éxitos individuais hai que sumar que a Sociedade Atlética Val Miñor foi o club con máis vitorias por equipos, cun total de catro vitorias (1º) e un 2º posto, entre os 6 equipos presentados no devandito cros.
Sub 12 masc (1º)
- Julián Martínez
- Marcos Cabadas
- Nacho Costas
- Aarón Costas
Sub 12 fem (1ª)
- Belén Silva
- Gabriela Bouzada
- Carlota Pagés
- Lucia Lages
Sub 10 masc (1º)
- Eloy Martínez
- Mateo González
- Jaime Costas
- Lucas Trillo
Sub 10 fem (1ª)
- Lena Rise
- Ánxela Bastero
- Marta Rodríguez
- Uxía Trillo
E en 2º posto os compoñentes do equipo Sub 14 masc
- Bisrat Mein
- Anxo Fernández
- Jesús Costas
- Brais Montes
Sen dúbida, un domingo exitoso para a Sociedade Atlética Val Miñor e os seus atletas.