Nigrán abre a inscrición para non asociados a Ovalmi que desexen participar no “Rasca e Gaña de Nadal”

O Concello de Nigrán e a Asociación de Empresarios Ovalmi, coa colaboración de Aqualia, ampliarán a súa campaña “Este Nadal merca en Nigrán” ao reparto de 5.000 € ocultos en 25.000 boletos “Rasca e Gaña” cos que agasallará o comercio polo míudo aos seus clientes. A iniciativa será proposta directamente por Ovalmi aos seus asociados e, o pequeno comercio non asociado que desexe participar debe inscribirse ata o 9 de decembro a través dun formulario web en http://www.nigran.es ou directamente en https://forms.gle/ResmNqdYQ1k4BsJ26. O obxectivo é promover as compras no pequeno comercio da localidade.