Os alumnos do IES Primeiro de Marzo, protagonistas en Baiona no acto do 25N

A concelleira de Igualdade, Yasmina Moreira Costas, destaca que “a xuventude constitúe un grupo especialmente sensible á violencia de xénero, polo que é necesario que identifiquen e rexeiten conductas sexistas que ás veces se toleran ou xustifican”.

Con motivo da conmemoración do 25 de novembro, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller, a Concellería de Igualdade e o Centro de Información á Muller de Baiona organizaron un acto institucional no Auditorio V Centenario “para seguir sensibilizando e concienciando á sociedade baionesa sobre este problema social tan grave”, destacou a concelleira de lgualdade, Yasmina Moreira Costas. As actividades polo 25-N tiveron hoxe como protagonistas ás Rochas Violetas, o comando de igualdade do IES Primeiro de Marzo.

Durante o acto, o Primeiro Tenente de Alcalde, Óscar Martínez Álvarez, foi o encargado da lectura dun manifesto contra a violencia machista, para posteriormente gardar un minuto de silencio. A concelleira de Igualdade, Yasmina Moreira Costas, destaca que “a xuventude constitúe un grupo especialmente sensible á violencia de xénero, polo que é necesario que identifiquen e rexeiten conductas sexistas que ás veces se toleran ou xustifican”.

A continuación, as Rochas Violetas presentaron o seu proxecto levado a cabo xunto coa productora audiovisual CRU. O proxecto é o resultado do obradoiro de educación medíatica levado a cabo durante dous meses entre o alumnado do instituto baionés para sensibilizar e concienciar sobre a problemática social da violencia de xénero.

Este ano dende a Concellería quíxose levar o acto institucional do 25N ata o alumnado dos instintitutos aproveitando o aniversario do irmandamento con Pornic, para abrir o círculo e integrar a mirada europea na loita contra a eliminación da violencia contra a muller. Comezouse a mañá no IES Primeiro de Marzo onde o alumnado conectouse coa Vila irmá de Pornic e tamén con Linz, pobo alemán irmandado con Pornic. A actividade consistiu no alumeado da escuridade con pantallas violetas. A acción realizada baixo o nome de “purplescreens” invitaba a sumarse á onda de cambio contra as violencias.

A concelleira lembra que este acto forma parte dunha ampla programación de actividades deseñadas pola Concellaría de Igualdade do Concello de Baiona e o CIM, o “Novembro Lila”, un programa deseñado para dar visibilidade á violencia machista coincidindo co 25N, Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Trátase dunha programación que está a abarcar todo o mes de novembro e que conta cunha importante presenza feminina, cuxas pezas e traballos contan historias vividas e sentidas por mulleres.

O Concello de Baiona aposta firmemente por avanzar nos valores da igualdade de xénero desde a administración, como exemplo a seguir polo resto da cidadanía na construción dunha sociedade de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes. Neste 25N desde o Concello de Baiona lémbrase a importancia de seguir loitando para erradicar a violencia contra as mulleres.

Entre os asistentes ao acto tamén estaban membros da Corporación do Concello de Baiona e representantes de distintas asociacións baionesas, ademais do alumando do IES Primeiro de Marzo.