Os hospitais galegos precisan sangue dos grupos A positivo, 0 positivo e 0 negativo

FOTO: PEPE COSTAS

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), realiza un chamamento xeneralizado á participación dos galegos e galegas na doazón de sangue e, de forma especial, aos doantes dos grupos A Positivo, 0 Positivo e 0 negativo. As reservas destes grupos presentan niveis baixos, polo que é preciso reforzar o permanente chamamento á participación nas campañas de doazón que realiza a Consellería de Sanidade por mediación de ADOS. É necesario recordar que os hospitais galegos precisan entre 400 e 500 diarias para levar a cabo de forma axeitada o seu labor asistencial.

En moitos dos labores asistenciais que se realizan a diario nos hospitais de Galicia son imprescindibles os compoñentes sanguíneos. En determinadas épocas do ano pode baixar o número de doazóns, pero non acontece o mesmo coa demanda de sangue e os seus derivados que precisan os centros sanitarios. Por iso, é imprescindible a xenerosidade e altruísmo de todos os cidadáns, polo que ADOS solicita un esforzo especial para incrementar as reservas de sangue.

Ademais, as distintas unidades móbiles da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue visitarán nestes días diferentes concellos galegos para conseguir as doazóns precisas que garantan o desenvolvemento do gran labor asistencial dos distintos centros sanitarios de Galicia.

ADOS espera contar de novo coa solidariedade da cidadanía galega nos seguintes desprazamentos:

DATA
CONCELLOS
Mércores 23 de novembro
Narón, Campus de Elviña (A Coruña), Inditex (Arteixo), F. Física e Praza Roxa (Santiago), Vila de Cruces, F. CC Xurídicas e do Traballo, O Calvario e F. CC do Mar (Vigo), Sarria, F. Dereito (Ourense)
Xoves 24 de novembro
Ortigueira, Repsol (A Coruña), Zas, Inditex (Arteixo), C.I.F.P. Compostela e      F. CC da Comunicación (Santiago), Policía Nacional (Pontevedra), Tenorio (Cerdedo-Cotobade), I.E.S. Chapela (Redondela), F. CC do Mar (Vigo),                O Valadouro, Xermade e Roupar (Xermade), O Barco de Valdeorras
Venres 25 de novembro
Fene, Cee, Perillo (Oleiros), Área Central Fontiñas (Santiago), Rianxo, A Estrada, Moaña, I.E.S. Chapela (Redondela), Vilalba, Allariz
Sábado 26 de novembro
Fene, Urb. A Barcala, Rianxo, A Estrada Moaña, Vilalba

Ademais, tamén se pode doar sangue nos locais de doazón existentes nas sete grandes cidades galegas:

CENTRO

HORARIO

HOSPITAL CLÍNICO UNIVERSITARIO DE SANTIAGO
Luns a venres das 8 ás 22 horas

Sábado das 8 ás 15 horas

HOSPITAL UNIVERSITARIO DA CORUÑA
Luns a venres das 8 ás 22 horas

Sábado das 8 ás 15 horas

HOSPITAL ARQUITECTO MARCIDE DE FERROL Luns das 15 ás 22 horas

Martes, mércores e xoves das 8 ás 15 horas

Venres das 8 ás 22 horas
HOSPITAL LUCUS AUGUSTI DE LUGO Luns e venres das 15 ás 22 horas

Martes, mércores e xoves das 8 ás 15 horas

HOSPITAL UNIVERSITARIO DE OURENSE Luns e venres das 15 ás 22 horas

Martes, mércores e xoves das 8 ás 15 horas

HOSPITAL PROVINCIAL DE PONTEVEDRA
Luns e venres de 8 ás 15 horas

Martes, mércores e xoves de 15 horas a 22 horas

HOSPITAL NICOLÁS PEÑA DE VIGO
Luns a venres das 8 ás 22 horas

Sábados das 8 ás 15 horas

Doar é moi sinxelo e seguro

Pode doar sangue calquera persoa maior de idade, que pese máis de 50 quilos e que non padeza nin teña padecido enfermidades transmisibles polo sangue. A doazón de sangue é un acto sinxelo que permite a moitas persoas solucionar o seu problema de saúde e mesmo salvar vidas. Ademais, sinalar que sempre están presentes as máis rigorosas medidas de seguridade.

Para máis información, ADOS dispón do sitio web: ados.sergas.gal, as redes sociais, e o teléfono gratuíto de información 900 100 828, para resolver calquera dúbida relacionada coa doazón de sangue ou coñecer a data dos desprazamentos das unidades móbiles.