Podemos denuncia o estado de abandono do parque infantil e biosaudable de A Rega en Belesar

Podemos Baiona denuncia o estado de abandono do parque infantil e biosaudable de A Rega en Belesar. O seu voceiro, Agustín Silva, advirte ao Concello o estado de total abandono no que se atopan dende fai meses tanto a contorna do parque como as súas instalacións. Silva explica que “tras recibir varias queixas dos veciños e veciñas de Belesar, reclamamos por rexistro a reposición do material roto/deteriorado da zona do parque infantil e biosaudable, das súas propias instalacións así como as da súa contorna, que como se pode ver nas imaxes, están nun estado calamitoso”.

O parque infantil e biosaudable, inaugurado no ano 2016, presenta hoxe un total estado de abandono, con valos rotos, o revestimento do chan levantado, poste de luminaria tirada no chan e un longo etc.. en definitiva, un parque totalmente inservible. Dende Podemos Baiona denuncian que o Concello non pode demorar máis o seu arranxo deixando ás nenas e nenos de Belesar sen esa zona de xogos, nin permitir que os equipamentos de exercicio para adultos dispoñibles no parque sexan infrautilizados.

Non pode haber recintos de primeira e de segunda dentro do mesmo concello, lembrando o seu voceiro que “de nada serve poñer en marcha proxectos ou campañas como a iniciada en maio de “Fomento do uso axeitado dos parques Biosaludables” se estes están nun estado lamentable.