Xornada de eliminación de eucaliptos en Couso

A Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Couso organiza este domingo, día 20 de novembro, unha xornada de eliminación de eucaliptos. O punto de encontro será o Miradoiro do Viso (Alto de San Antoniño) ás 10:00 horas. É preciso levar calzado para o monte, luvas e unha machada. Os e as participantes que queiran poderán participar no proxecto de economía social “A Sabia”.