O Grupo de Teatro “A Moura” de Chaín presenta en Baiona a súa obra “O vestido de noiva”

O Centro Cultural e Social de Baíña organiza o domingo 20 de novembro unha representación teatral coa obra “O vestido de noiva”, a cargo do Grupo de Teatro “A Moura” do Centro Cultural “A Merced” de Chaín. Será no Auditorio V Centenario de Baiona ás 18:00 horas.