O Cereixa Gondomar FS consegue o triunfo para estrearse como local nun partido disputado no que puideron verse moitos máis goles se os postes non tivesen tanto protagonismo. E é que a pesar dos 8 goles, o local disparou ata 4 veces á madeira e os visitantes 2.
Chegaban os de Vincios coa necesidade de sumar da 3 pensando na visita ao líder o vindeiro sábado e rapidamente Gabriel Denis Vasconcellos abría o marcador (1-0). Mediada a primeira metade, Borja disparaba cruzado e poñía o segundo (2-0). O partido estaba controlado polo Cereixa FS que estaba a facer un bo fútbol sala pero nos minutos finais, As Neves descontou nunha contra en superioridade e case á seguinte xogada empataba o partido (2-2). Foron momentos de ansiedade nos que o local atopou o 3-2 tras unha falta de Huguito Gonzálvez e case sen tempo para o festexo, o empate chegaba novamente tras sacar de centro.
Na continuación o equipo saíu decidido a gañar o partido e tivo moitas ocasións antes de que Luca asinase un dobrete e puxese o 5-3 final. As Neves tentou descontar con ataque en superioridade pero a defensa dos gondomareños foi efectiva e refugou calquera oportunidade de gol.
Final e a prepararse para a dura visita do próximo sábado fronte ao RB Vigo 2015, líder da competición e que conta os seus partidos por vitorias (4/4).

