Baiona abrirá expediente sancionador contra a empresa organizadora do Barbeira Season Fest

O Concello de Baiona quere aclarar que o expediente do Barbeira Season Fest 2022 segue aberto. “Neste procedemento, que derivará nun expediente sancionador contra a empresa organizadora, o Concello defenderá ata o final os intereses dos veciños e veciñas de Baiona”, sinalan nun comunicado. Por outra parte, nun pleno celebrado hoxe, o goberno local aclarou que o festival celebrouse con todas as medidas de seguridade obrigatorias, así como co seguro de responsabilidade civil necesario neste tipo de eventos. Segundo o goberno local, a empresa organizadora entregou tamén os certificados de instalación, tanto eléctrica, como de montaxe e infraestruturas, cumprindo coa normativa, ademais da declaración responsable.

“Cando os técnicos municipais detectaron que a documentación presentada estaba incompleta, se lle requiriu á empresa que a completase. A organización do festival non presentou a información completa a tempo e en canto o Concello tivo coñecemento deste feito polos técnicos municipais, o día 2 de setembro, notificoulle á organización un decreto no que lle denegaba o desenvolvemento do evento, advertindo das consecuencias legais de continuar sen a citada autorización”, afirman. “O Concello de Baiona quere deixar claro que en todo momento actuou para protexer a legalidade e insiste en que o expediente segue aberto”.