Avelaíña cumpre 25 anos

Avelaíña cumpre o seu 25 aniversario ao servizo da saúde mental, celebrando esta data cun emotivo acto na Área Panorámica de Tui para informar, concienciar e romper estigmas sobre a saúde mental, dirixido aos mozos dos institutos da contorna. O acto contou tamén coa presenza da Diputada de Cohesión Social, Olga María García Ballesteros, o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o alcalde de A Guarda, Antonio Lomba e concelleiros das corporacións locais, ademáis dos usuarios, familiares, Xunta directiva e traballadores de Avelaíña.

Este evento contou coa actuación do monologuista Pepo Suevos, e a obra de teatro Thib, que trata a enfermidade mental e foi creada expresamente para este día pola compañía de Teatro Arte Pingue, para romper estereotipos sobre a saúde mental, así como potenciar a empatía e a tolerancia coas persoas que sofren unha enfermidade mental. Tamén se proxectaron catro curtas, onde os protagonistas foron os usuarios. Finalmente, as psicólogas de Avelaíña responderon as dúbidas dos mozos asistentes, que previamente depositaron nunha urna habilitada para a ocasión.

Dende Avelaíña, aseguran que a Asociación se consolidou como a Entidade de referencia en saúde mental na zona sur de Pontevedra e seguirá traballando e reivindicando a mellora da calidade de vida do colectivo. Este acto supón o pistoletazo de saída a unha serie de eventos que a Asociación ten previsto realizar para a celebración desta efeméride.