Lucenza-Ateneo de Nigrán organiza unha conferencia sobre territorio e patrimonio

Lucenza-Ateneo de Nigrán organiza este venres 18 de novembro, ás 20:00 horas, no Salón de plenos do Concello de Nigrán, unha conferencia do profesor Xoán Carmona Badía, que leva por título “Territorio e patrimonio. O caso do patrimonio industrial na ría de Vigo”.

Xoán Carmona é Catedrático de Historia e institucións económicas da USC e investigador centrado especialmente en temas de historia marítima e industrial, historia empresarial e patrimonio industrial de Galicia, con gran coñecemento do patrimonio e da historia económica e empresarial da ría de Vigo.

Na conferencia, que será presentada pola compañeira de Lucenza, Marisé Míguez Abad, abordaranse principalmente as relacións entre territorio, economía e sociedade no proceso histórico e se analizarán algunhas das claves interpretativas do patrimonio industrial existente na ría de Vigo.