Aberto o prazo para participar no concurso de micro-beléns de Sabarís

A Asociación de Empresarios Coemsa de Sabarís organiza un certame de micro-beléns en colaboración coa Concellería de Cultura do Concello de Baiona. A finalidade deste certame é potenciar as artes plásticas e as manualidades, incentivar a creatividade, así como conservar as tradicións e fomentar as actividades en familia. Establécense as seguintes categorías: micro-belén máis orixinal, micro-belén máis laborioso e micro-belén máis popular, elixirase por votación popular a través da web do Concello de Baiona (www.baiona.gal). Este certame compleméntase coa categoría Belén familiar en domicilio particular, o cal terá un tamaño libre, estando prevista unha visita guiada aos beléns máis destacados.

O tamaño do belén non poderá exceder de 30×60 centímetros, e todos os traballos presentados a concurso estarán expostos do 10 de decembro ao 7 de xaneiro no edificio Multiusos Mercado de Sabarís. A inscrición para participar realizarase na Oficina de Rexistro do Concello ou a través da Sede electrónica, do 15 de novembro ao 7 de decembro, cubrindo o correspondente formulario xunto co DNI. Máis información na Concellería de Cultura do Concello de Baiona, no teléfono 986 385 921, ou na Asociación de Empresarios Coemsa.