Día de Teatro en Vincios

A Asociación de Veciños “Galiñeiro” de Vincios organiza o domingo 13 de novembro un Día de Teatro coa representación da obra “O vestido de noiva” a cargo do Grupo de Teatro “A Moura” do Centro Cultural “A Merced” de Chaín. O evento, que conta coa colaboración da Deputación de Pontevedra e a Comunidade de Montes, comezará ás 18:30 horas no Centro Cultural de Vincios.