Sin categoría

40 nenos participaron no campus do Gondomar Fútbol Base

Este sábado celebrouse a clausura do campus do Gondomar Fútbol Base coa entrega de diplomas da man do alcalde, Paco Ferreira, a concelleira de Deportes, Nuria Lameiro, o presidente do club, Jose Blanco Lourido, e Richy Álvarez, ex xogador do Celta, Córdoba e Xirona. O campus, organizado coa colaboración do Concello de Gondomar a través da Concellería de Deportes, desenvolveuse no campo municipal de As Cercas desde o 16 ata o 21 de xullo en horario de 9:00 a 14:00 horas. Participaron un total de 40 nenos e nenas, que gozaron de seis días de fútbol, ademais doutras actividades como excursións e xogos, baixo a supervisión de Iago González e Jaime Soto.