Corte de tráfico na rúa Porta da Vila de Baiona

O Concello de Baiona, a través da Xefatura da Policía Local, vai realizar un corte de tráfico e desvío na rúa Porta da Vila o vindeiro martes, 15 de novembro, en xornada de mañá, con motivo da realización de obras na citada rúa. Habilitarase a rúa Herminio Ramos para a incorporación á estrada provincial PO-552 aos residentes e usuarios.