O alcalde de Nigrán recibe á nova directiva da Asociación de Propietarios do Cemiterio de Panxón

O alcalde de Nigrán, Juan González, recibiu na Casa do Concello á nova Xunta Directiva da Asociación de Propietarios do Cemiterio de Panxón para coñecer de preto as súas inquedanzas de cara a estes 4 anos que teñen por diante. Esta está constituída por Avelino Costas (Presidente), José Luis Varela (Videpresidente), José Miguel Villar (Secretario) e Manuel Lorenzo (Tesoureiro), sendo vogais Mª del Carmen González, Rosario Gallego, Manuel Antonio e Anxo Martínez.

Segundo lle transmitiron ao rexedor, a súa prioridade é xestionar os intereses dos propietarios, asesorarlles e ofrecer información transparente do estado das contas. O alcalde, Juan González, comprometeuse a colaborar coa asociación en todo o que sexa preciso. O Cemiterio de Panxón data do ano 1916 e foi construído grazas á achega de terreos por parte da propia veciñanza, non sendo este un camposanto municipal como si o son o de Nigrán (San Fiz) e Parada.