Lucenza organiza un magosto popular en Nigrán

Lucenza-Ateneo de Nigrán organiza este sábado 5 de novembro un magosto popular que terá lugar a partir das 18:30 horas nas instalacións do Colexio público Humberto Juanes, situado a carón do Concello. Unha oportunidade para a confraternización entre veciños e para desfrutar das castañas e da música popular.