Baiona deposita ramos de flores nos cemiterios en memoria dos veciños e veciñas defuntos

Con motivo da celebración de Defuntos e de Todos os Santos, o Concello de Baiona, a través da Concellería de Medio Ambiente, depositou nos cemiterios de cada unha das parroquias baionesas (Santa María de Baiona, Baíña, Baredo, Belesar e Santa Cristina da Ramallosa) ramos de flores en memoria dos veciños e veciñas defuntos.