Detido un sexagenario de Nigrán pola suposta comisión dun delito de violencia de xénero

Ás 23:15 horas do 31 de outubro, recibiuse unha chamada na Sala de Comunicacións do 092 da Policía Local de Vigo na que o alertante informaba que vira unha parella discutindo, no interior dun vehículo, circulando pola rúa Travesía de Vigo. Facilitou as características do mesmo, ao observar como o home agredía á muller. O apuntado e testemuña dos feitos, informou sobre a dirección tomada polo turismo.

Estableceuse un dispositivo de procura, logrando interceptalo nas proximidades de Travesía de Vigo co Centro Comercial, procedendo a apear aos ocupantes e entrevistarse coa suposta vítima, A.M.R.N, de Bueu e 51 anos de idade. A muller estaba moi nerviosa e choraba, presentando cor vermella no lado dereito da cara, informando os Axentes que o home iniciou unha discusión con ela, producindo o seu forcexeo no transcurso do cal el a golpeou.

Acto seguido apeouse do vehículo para tirar o bolso da muller nun contedor, sendo increpado polos viandantes que lle ameazaron con chamar á policía, volvendo o individuo a introducirse no vehículo, fuxindo á carreira do lugar. Por este motivo os Axentes procederon á detención de J.S.R, de Nigrán e 69 anos de idade, pola suposta comisión dun delito de violencia de xénero.