Unha unidade móbil de doazón de sangue estará este luns en Nigrán

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // A unidade móbil de doazón de sangue en Nigrán.

Unha unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia visitará este luns, 31 de outubro, o municipio de Nigrán. Estará situada diante do Concello, en horario de 16:00 a 21:00 horas. Para doar sangue hai que almorzar e despois de xantar esperar 2 horas. Todas as persoas que desexen doar sangue deberán acudir coa tarxeta de doazón, DNI ou documento similar e informar ao médico se está a tomar algún medicamento. Desde o 1 de agosto xa non é necesario pedir cita previa.