Macroéxito de Samaín en Gondomar con Solaina

O Concello de Gondomar celebrou Samaín apostando pola lectura co grupo de fusión de arte Solaina. Todas as nenas e nenos de Gondomar acudiron disfrazados á sesión especial de contacontos na que todos, maiores e pequenos, divertíronse coa presentación do libro “Samagostín”, da escritora e poeta Soledad García e a ilustradora e deseñadora Natalia Guisande.

O rexedor municipal, Paco Ferreira, co seu equipo de traballo, caracterizaron o antigo matadoiro, agora multiusos, para dar a coñecer a tradición de Samaín nunha xornada máxica na que regalou un exemplar de “Samagostín” a cada peque da casa, espertando así a curiosidade polos libros como eixo crave para mellorar a súa linguaxe, a capacidade de concentración e a memoria.