Nigrán suspende o roteiro micolóxico deste luns ante a previsión de choiva

O Concello de Nigrán finalmente suspende o roteiro micolóxico deste luns destinado á infancia ante a previsión de choiva. Nos vindeiros días anunciará unha nova data. Igualmente, o Concello informa de que non quedan dispoñibles xa prazas para as visitas teatralizadas ao cemiterio do Ceán a cargo de Teatro do Ar e só queda unha para o obradoiro de “galletas terroríficas” de Chupipostres deste luns no CEE de Panxón (destinado a nenos empadroados de 6 a 11 anos e con inscrición previa a través do formulario web en http://www.nigran.es). Finalmente, o martes 1 de novembro desde as 17:00 horas o Concello ofrecerá no Auditorio Municipal a tradicional festa de disfraces de Samaín destinada á infancia e dirixida polo Mago Rei Midas. A entrada é de balde ata completarse o aforo.