Patos acolle a primeira edición do Campionato Interescolas

Esta fin de semana celebrarase a primeira edición do Campionato Interescolas organizado por Prado Surf Club, Federación Galega de Surf e Concello de Nigrán. Será a terceira proba do circuíto de iniciación á competición da FGS. Asistirán os noveis das praias de toda Galicia, pertencentes ás escolas oficiais da Federación repartidos nas categorías SUB 16 mixto e SUB 12 mixto.

A proba desenvolverase o domingo 30 de outubro na Praia de Patos en horario de 10:00 a 18:30 horas, finalizando o evento coa entrega de trofeos coa presenza do alcalde de Nigrán, Juan González, e o Concelleiro de Deportes, Luis Sanromán, ademais do presidente da Federación Galega de Surf, Román Díez.