Gondomar encherase de sabor na oitava edición das Tapas do Conde

O Concello de Gondomar e OVALMI (Asociación de Empresarios e Comerciantes do Val Miñor) organizan por oitavo ano o concurso “Tapas do Conde”. Nesta edición participan 9 establecementos hostaleiros de Gondomar que presentarán a concurso cada un deles unha tapa doce e outra salgada cun prezo fixo de 3 euros.

Dende hoxe 28 de outubro e ata o martes 1 de novembro poderanse degustar tapas orixinais a 3 euros nos seguintes locais: Restaurante Pazo da Escola; Restaurante La Vitrola; Cafetería Alameda; Cafetería Keik; Terra, Cevada e Uva; Meniños; Chupipostres; Tapería e Xamonería Bastión; El Tranvía, tu pan tu café.

Todas aquelas persoas que participen na votación cun mínimo de 4 tapas diferentes degustadas, ademais participarán nun sorteo de cheques por valor de 150, 100 e 50 euros. Esta mañá o alcalde Paco Ferreira, acompañado de representantes de OVALMI e dos participantes nesta edición, presentaron as tapas que optan ao premio deste ano.

O rexedor local destacou “a gran labor feita por OVALMI no apoio e a promoción do comercio e a hostalería de Gondomar, e convido a toda a cidadanía a participar e vir a Gondomar a desfrutar do seus sabores e do bo facer dos nosos profesionais da restauración”.