Últimos días para inscribirse no IX Trail Trans Serra da Groba de Baiona

A Concellería de Deportes do Concello de Baiona atópase inmersa nos últimos preparativos de organización do IX Trail Trans Serra da Groba, que se celebra o vindeiro sábado 5 de novembro. As inscricións para a proba estarán abertas ata o vindeiro luns, 31 de outubro.

Existirán dous tipos de proba: o Trail, de 29 Km, e o Trailiño, de 17 km, cun itinerario que percorre os montes da “Serra da Groba”, utilizando pistas forestais, sendeiros tradicionais e tramos de asfalto á saída e á chegada a meta.

A proba de Trail está aberta a todas as persoas deportistas con idade mínima de 18 anos (cumpridos o día da proba). No caso do Trailiño poderán participar as persoas deportistas que teñan cumpridos 16 anos o día da proba, a condición de que conten coa autorización dos seus pais ou titores.

As inscricións poderanse formalizar a través da páxina web http://www.championchipnorte.com e na páxina web http://www.baionacodeporte.gal.

ENTREGA DE DORSAIS

A entrega de dorsais se realizará no Pavillón Municipal de Deportes situado na rúa Dolores Agrelo, s/n, onde estará situada a saída e a meta das probas, desde as 17:00 ata as 21:00 horas do venres 4 de novembro, e o sábado día 5 (día da carreira) desde as 7:00 ata as 10:00h da mañá.

SAÍDAS

O Trail arrancará ás 8:30 da mañá, mentres que o Trailiño farao ás 9:30 horas, ambas as dúas probas con saída desde o Pavillón de Deportes de Baiona.