
O Centro Juan María inaugura o seu novo ximnasio este xoves, día 27 de outubro, ás 12:00 horas. Hai un ano iniciaron unha captación de fondos co nome “JUAN MARÍA EN FORMA” para a construción dun ximnasio nas súas instalacións. Grazas á colaboración de varias persoas, empresas e especialmente o Concello de Nigrán, mañá poderán inauguralo. A partir de agora, as persoas do Centro Juan María poderán desenvolver as súas capacidades físicas nun espazo seguro e axeitado.
Ao acto de inauguración, ademais de contar coa presenza de varias persoas e representantes de empresas que colaboraron, está prevista a asistencia de Marta Fernández-Tapias, Delegada da Xunta de Galicia, Fernando González Abeijón, Director Xeral de Persoas con Discapacidade da Consellería de Política Social, Juan González Pérez, Alcalde de Nigrán, Paco Ferreira, Alcalde de Gondomar, Óscar Martínez Álvarez, Tenente Alcalde de Baiona, Bibiana Peixoto, Concelleira de Servizos Sociais de Nigrán, e Concepción Vara Rodríguez, Concelleira de Servizos Sociais de Baiona.