
O Concello de Nigrán ofrece este sábado 29 de Outubro ás 20:00 horas no Auditorio Municipal a derradeira cita do mes de Teatro con Fegatea. Nesta ocasión a peza seleccionada é “A pena do cu do mundo”, unha obra escrita e dirixida por Leandro Lamas para a compañía Carrachanacacha, parte da Asociación Aturuxo de Melpómene de Narón. A función é con entrada libre ata esgotar as localidades.
“A pena do cu do mundo” é unha comedia musical que conta a historia dunha peculiar familia, residente nunha aldea perdida, que ve ameazada a súa forma de vida cando a nova concelleira proxecta construír alí un parque temático.