Os escritores baioneses Diego Cabrera e Vicente Pedreira publican a súa primeira novela “Samaín’s party”

Diego Cabrera e Vicente Pedreira estréanse como escritores, coa publicación da súa novela “Samaín’s party”, coa editorial franquiadora Angels Fortune [Editions], que presentarán o xoves 27 de outubro, ás 20:00 horas no Multiusos de Sabarís (Rúa Benito Fariñas, 3), na cidade que os viu nacer, Baiona.

“Samaín’s party” é unha novela cargada de intriga e de suspense, baseada na lenda do Samaín, un espírito que comete asasinatos no pobo galego de Vilapontes, que manteñen en albas á Policía, ás autoridades e aos seus habitantes, e que enganchará ao lector desde as súas primeiras páxinas.

O autor, Diego Cabrera, afirma que “nos atopamos ante unha novela de rápida lectura, estimulante, imaxinativa, que flúe por unha canalización de palabras moi ben axustadas ao texto literario, garantindo ao lector que ha de gozar co contido temático desta narración, enxeñada co propósito de satisfacerlles”.

Pola súa banda, Vicente Pedreira asegura que “a nosa novela envolverá ao lector nun mundo frenético de lenda e misterio, recuperando os clichés do xénero policíaco, situado nesta ocasión en territorio galego. Sen dúbida, esta obra non pasará desapercibida para o lector”.

Á súa vez, a Fundadora da franquía Angels Fortune [Editions], Isabel Montes, comenta que “Diego e Vicente uniron forzas e ilusións para crear unha historia de suspense e de terror, no incomparable marco das terras galegas. As escenas dos asasinatos non deixan indiferentes a ninguén. Traballar con eles foi un pracer, que espero repetir en máis ocasións. Espero e desexo que gocen do gran éxito que se merecen”.

A novela “Samaín’s party” xa se pode adquirir na Librería da propia editorial: https://www.angelsfortuneditions.com/libro/samain-s-party_143198/, tanto en edición en papel como en eBook. Así mesmo, está á venda nas librerías de plataformas como Amazon, Google Play, Casa del Libro, El Corte Inglés, FNAC, Kobo, Agapea, iBooks, Todos tus libros, Barnes & Nobre…